EDICIÓNS
O EmigraSON no 2024
Na súa segunda edición, celebrada os días 8 e 9 de marzo de 2024, Galicia reivindicouse a 1.300 kilómetros de casa enchendo o corazón da Unión Europea de música galega. Grande Amore, The Rapants, Lontreira, Ataque Escampe e Catuxa Salom foron os encargados de facer vibrar á comunidade emigrante en Bruxelas na xornada de concertos do día 9.
O festival completou a súa programación o día 8 cunha sesión de poesía musicada con Aldaolado no Instituto Cervantes e cunha noite de foliada da man de Alumea, unha formación de baile e música tradicional creada na diáspora.
A primeira edición
O festival galego en Bruxelas celebrou a súa primeira edición durante o 24 e 25 de marzo de 2023. Familia Caamagno, The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto e Filloas conformaron o cartel da súa primeira edición.
Unha sesión de música e oralidade, a cargo de Benxa e Celso Otero no Instituto Cervantes, e unha foliada da man de Alumea e Xirandola completaron o cartel do 2023.